A Coruña, 07.05.15
No día de onte, co motivo da conferencia que o premio Nobel da Paz o indio Kailash Satyarthi deu nesta cidade, activistas do Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India, repartiron comunicados da campaña internacional en defensa e pola liberacion do coñecido intelectual GN Saibaba, profesor da Universidade de Nova Delhi, que atopase, dende fai un ano, na Cadea Central do Nagpur acusado de simpatizar co movemento naxalita.
O profesor Saibaba como medida de protesta polas condicions carcelarias e a negación de tratamento médico, por parte das autoridades do rexime reaccionario, ten iniciado, o pasado 11 de abril do 2015, unha folga de fame que ten debilitado gravemente súa saúde.
É urxente presionar as autoridades do rexime reaccionario da India para que den a asistencia debida ao profesor Saibaba e lograr súa plena liberdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario